ola, estou interesada en facer o curso de Celga 4, pero acabo de ler que é ahora en setembro, xa empezou? aínda podo apuntarme?

  • SNL do Concello de Zas

    Ola,
    desculpa pola tardanza en contestarche.
    Nos certificados CELGA os cursos son independentes das probas.
    Hai unhas probas en maio e en novembro que consisten nuns exames escritos e orais.
    Os cursos adoitan organizarse antes das probas para preparalas pero non che dan ningún tipo de titulo ou certificado.
    No Concello de Zas, e coido que en toda a comarca, non hai nigún curso para preparar as probas de Celga 4 nestes meses.
    Para o ano 2011 temos programado entre todos os SNL das comarcas de Bergantiños e Soneira un calendario de cursos que lle remitermos a Secretaría Xeral de Política Lingüística para que os organice dese xeito.
    Un saúdo

  • SNL do Concello de Zas