-
All responses Most smiled responses
-
Ola,
desculpa pola tardanza en contestarche.
Nos certificados CELGA os cursos son independentes das probas.
Hai unhas probas en maio e en novembro que consisten nuns exames escritos e orais.
Os cursos adoitan organizarse antes das probas para preparalas pero non che dan ningún tipo de titulo ou certificado.
No Concello de Zas, e coido que en toda a comarca, non hai nigún curso para preparar as probas de Celga 4 nestes meses.
Para o ano 2011 temos programado entre todos os SNL das comarcas de Bergantiños e Soneira un calendario de cursos que lle remitermos a Secretaría Xeral de Política Lingüística para que os organice dese xeito.
Un saúdo -
Se os estudos de FP2 foron cursados en Galicia na súa totalidade e se cursou a materia de lingua galega, de maneira oficial en todos os cursos dos ditos estudos terías validado o certificado de Celga 4.
Non hai ningunha proba oficial para saber o teu nivel de galego e para presentarte a proba dun determinado nivel non é necesario nin facer unha proba de nivel nin acreditar coñecementos ou a obtención de niveis previos.
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)propúxolle nun escrito a Secretaría Xeral de Política Lingüística que para poder matricularse nun nivel determinado fora requisito acreditar o nivel anterior ou superar unha proba de nivel, co obxectivo de procurar unha maior homoxeneidade do alumnado.
(http://www.ctnl.org) -
Dependendo da praza esixirán un nivel distinto de coñecemento da lingua galega.
No artigo 35 da Lei da Función Pública de Galicia, modificado pola Lei 2/2009, disponse que nas probas selectivas que se realicen para o acceso as prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das Entidades Locais de Galicia se incluirá unha proba de galego, salvo para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega segundo a normativa vixente.
Segundo este artigo se son puntuables ou non depende de cada convocatoria en particular aínda que se o/a opositor/a demostra o coñecemento da lingua galega por medio dun certificado Celga, de iniciación ou perfeccionamento non terá que facer a proba para acreditar o coñecemento da lingua galega. -
O CELGA é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.
Os certificados CELGA substitúen aos de inciación e perfeccionamento da lingua galega.
Hai 5 niveis CELGA, os catro primeiros pódense obter mediante probas ou validacións e o quinto só mediante validacións.
Para obter estes certificados hai que presentarse a unhas probas, habitualmente en maio e novembro.
Á hora de presentarte a concursos e oposicións terá a mesma validez posuír
as certificacións de iniciación e perfeccionamento que as certificacións
de aptitude dos CELGA. Dependendo da praza esixirán un nivel distinto de coñecemento da lingua galega.
Se desexas ampliar esta información visita http://www.xunta.es/linguagalega/celga -
Ola, podes presentarte as probas de Celga de maneira libre.
De tódolos xeitos sería recomendábel a realización dun curso de preparación para o Celga 4.
As probas do Celga 4 desenvolveranse no ano 2010 os días 22 de maio e 20 de novembro.
Para participar nas probas debes inscribirte (antes do 25 de marzo para a convocatoria de maio) e pagar unhas taxas.
Un saúdo.
-
SNL do Concello de Zas’s Bio
Pepe B. Alborés
Servizo de Normalización Lingüística
Concello de Zas


Loading...