Tes algunha pregunta?

RSS Feed
  1. All responses Most smiled responses
    1. SNL Cerceda

      A realización das probas para obter os certificados de lingua de galega na convocatoria de novembro de 2010 será os días seguintes:
      Celga 4: 20 de novembro
      Celga 2: 21 de novembro
      Celga 3: 27 de novembro
      Celga 1: 28 de novembro
      Os chamamentos realizaranse ás 8.45 e as probas comezarán as 9.
      Para consultares os lugares onde se realizan as probas, podes seguir a ligazón seguinte:
      http://www.xunta.es/linguagalega/probas_celga#Celga4_20112010
      Un saúdo

    2. SNL Cerceda

      Ben. Aínda que aparentemente non existe unha relación primaria entre o que se lexisle na educación e a a administración local, no fondo si que o novo decreto terá as súas consecuencias tanto a curto como a longo prazo.
      Neste último sentido, o sistema educativo está a formar ao futuro funcionariado e persoal da administración local. A miña experiencia na administración local e noutros ámbitos dime que o sistema educativo está a fallar na transmisión de competencias lingüísticas: hai persoas formadas co galego como materia e con aulas de galego que teñen amplas carencias en todos os planos da lingua: oral e escrito, e neste último, ortográfico, léxico e gramatical. Daquela, sen competencia lingüística, unha persoa que traballe nunha administración local non só non está preparada para desempeñar o seu labor senón, e o que é máis importante, garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía. Porque, non nos esquezamos, un funcionario ten que expresarse na lingua do seu interlocutor e, se non ten competencia, non pode facelo.
      O retroceso que supón o decreto implicará que, a longo prazo, a competencia lingüística sexa menor. Lembremos que os últimos datos sociolingüísticos, por exemplo, mencionan que a poboación de 20-25 anos ten problemas para se expresar oralmente en galego.
      Por outra banda, e a curto prazo, cómpre reparar que a "cuestión sociolingüística" se traslada ás familias e, por extensión, ao contorno. Antes tiñamos un sistema educativo regulado pola Xunta no marco das súas competencias. Agora, pídese ás familias que decidan que é o que queren, mais non se repara que existen uns prexuízos lingüísticos cunha ampla presenza, uns prexuízos que din que o galego non serve e o castelán e o inglés si. Daquela non é unha elección libre. Ademais, tampouco se ten pensado intervir neses prexuízos lingüísticos dende a propia administración.
      Deste xeito, a cuestión lingüística estará presente no contorno e será un ámbito en que os servizos de normalización terán que intervir.

SNL Cerceda

Cerceda, A Coruña, Galicia

normalizacioncerceda.blogaliza.org

SNL Cerceda’s Bio

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cerceda.
Iván Méndez López

Advertisement