Canal de consultas ciudadanas de José López Orozco, Alcalde de Lugo. Realice su pregunta

Only accepts questions that include a name.
RSS Feed
    1. joselopezorozco

      Bo día José:

      Desculpe a demora na resposta. Estiven esperando a que me confirmasen que dispoñemos de bancos para que vaian a estudar se é posible a colocación. En que zona suxire vostede que son máis necesarios para os veciños? Un saúdo

    2. joselopezorozco

      Bos días Alba:

      O mellor é que te informes na Concellería de Xuventude, están no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra (ó lado da Praza de Abastos). E boa sorte coa boda ; )

    3. joselopezorozco

      Bos días Alba:

      Creo que xa falamos a través de facebook, e confírmolle tamén por esta vía que tomo nota da súa suxerencia e terémola en conta para ver que podemos facer. En canto a San Froilán, Lucía xa actuou no ano 2009 na Praza de Santa María. Farei saber a súa proposta á Concelleira de Cultura para que a teña en conta neste San Froilán.

      Un saúdo

    4. joselopezorozco

      Parece que se coñecerá a lista de admitidos das dúas novas escola infantís (Piringalla e Sanfiz) a partir do 20 de marzo. Se quere pode chamar a partir dese día ao 010 ou á Concellería de Educación no 982297497. Espero que teña sorte. Un saúdo

    5. joselopezorozco

      Buenos días IbanPC: estamos de acuerdo en que es necesario hacer mejoras en esa zona. Desde hace un par de años estamos llevando a cabo desde la Concejalía de Infraestructuras un plan de aceras para mejorarlas y lo estamos haciendo en diferentes zonas de la ciudad.

      La Avenida Marques de Ombreiro es una de las que está dentro de este plan de mejora y pondré en conocimiento de los servicios técnicos su petición para que agilicen las obras todo lo posible. Un saludo

    6. joselopezorozco

      Bos tardes Claudia:

      Efectivamente, o Concello cedeu gratuitamente os terreos, porque consideramos que a construción dun Hospital de referencia coma o HULA, era algo moi positivo para esta cidade e para os veciños e veciñas. O interese xeral primou sobre calquer outro posible beneficio se venderamos os terreos. O único que quixemos foi facilitar que esta obra, hoxe en marcha, se levara a cabo. En canto ó parking privado, eu comparto con vostede que a Xunta non debería ter feita esa concesión, tal e como lles fixen saber no seu día. A situación actual é que están a cobrar por aparcar alí. Un saúdo

    7. joselopezorozco

      Boas tardes Sabela: Neste momento podo decirche que a situación do Parque Empresarial é moi boa. Avanzan as obras e pronto teremos un Parque Empresarial de primeira.

      Neste momento o verdadeiro problema, que fai que as empresas se vaian a outros sitios, é o alto prezo do solo industrial nese Parque. É o 5º máis caro de Galicia. Por todo isto estamos a pedirlle á Xunta de Galicia que reduza o prezo do solo para potenciar a implantación de empresas que xeren emprego na cidade.

      Nós mercamos máis dun millón de metros cadrados ao ministerio de Defensa a 10 euros o metro cadrado, e vendémolo á Xunta ao mesmo prezo, sen ganar un só euro. Só lles pedimos que agora eles fagan un esforzo similar, tendo en conta a realidade económica que vivimos, e reduzan o beneficio que obteñen agora mesmo e que supera o 70%. Un esforzo que consiste en baixar o prezo do solo facilitando a implantación de empresas no Parque Empresarial das Gándaras.

    8. joselopezorozco

      Boas tardes Luis: estou dacordo con vostede en que a situación é moi complexa, por iso nós apostamos por defender que a Xunta de Galicia rebaixe o prezo do solo industrial das Gándaras, tendo en conta a difícil situación laboral que temos en Galicia e en Lugo.

      Pedímoslles que aposten pola nosa cidade e pola creación de emprego. A ver que fan. O certo é que o Presidente da CEL tamén falou da importancia de que as administracións tomen medidas para axudar nos momentos de dificultade. Espero que a Xunta de Galicia entenda esto.

    9. joselopezorozco
    10. joselopezorozco

      Estimado Pedro:

      Es una demanda ciudadana que comparto. Efectivamente, iluminaremos el paseo del Rato. Espero que los trámites para la obra se agilicen al máximo. Sabe que es un año complicado para encontrar financiación y, en ese sentido, debemos darle las gracias al Presidente de la Diputación que comprendió el proyecto desde el primer día y lo apoyò económicamente.

      Por mi parte, así mismo desde el primer dìa aposté por los cinturones verdes de la ciudad y, como usted, paseo siempre que puedo por allí. Es nuestra riqueza natural màs maravillosa.
      Un saludo

    11. joselopezorozco

      Bo dìa José: Non vai a ser unha recepción completa pero esperamos que nuns dìas se abran ao tráfico algunhas rúas e pouco a pouco se reciba completamente.

      O desenvolvemento desa zona forma parte dunha das nosas prioridades, e espero que lle resulte útil aos veciños e veciñas da zona.

    12. joselopezorozco

      Bos dìas:

      Nos non podemos facer nada xa que o edificio non é noso, senón propiedade da Xunta de Galicia.

      O que lle pedimos é que negocie coa Tesourerìa o uso dos terreos para construir unha Residencia pública para dependentes e non dependentes. A cidade de Lugo precisa esa instalación (levamos 30 anos sen que se constrúa unha e as privadas non son accesibles para todas as familias) e, sobre todo, non queremos permitir que o barrio da Residencia morra ou se convirta esa zona nunha Frigsa 2.

      Todos recordamos o que foi aquelo e non podemos permitir que se repita. Neste momento xa non só están pechadas as instalacións, senón que están pechando os comercios da zona o que resulta tremendamente preocupante. E preocupante tamén é que o Sr. Castiñeira se opoña no Parlamento á construciòn desa Residencia. ¿A quen apoia? ¿Aos lucenses ou aos seus intereses partidistas? Non me parece ben a sùa actitude cos temas que afectan aos meus veciños e veciñas e que nos preocupan moito. Non entendo a postura do PP contra a gratuidade que solicitamos para o parking do novo hospital, ou contra a nosa solicitude de reducción á metade do prezo do solo das Gándaras para axudar aos nosos empresarios e à creaciòn de emprego...

      Esta noite teño unha xuntanza ás 20:45 no centro Trapero Pardo cos veciños da zona para coñecer de primeira man o que pensan. Estàs invitado por suposto a estar con nós.

    13. joselopezorozco

      Lo consultaré a ver qué es lo que ha pasado. Gracias por estar pendiente de que las instalaciones funciones en perfectas condiciones . En cuanto tenga una respuesta me pondré de nuevo en contacto con usted.

      ¿Es usuario/a del Centro? No me diga que no es uno de los Centro de Convivencia más bonitos de la ciudad. Pues se hizo gracias a la colaboración de todos los lucenses que ahora pueden disfrutar de las numerosas actividades que ponemos a su disposición, biblioteca, ociotecas para los más pequeños, salón de actos, sala de exposiciones... Entre todos tenemos que trabajar para que siga siendo uno de los grandes centros públicos de la ciudad. Un saludo

    14. joselopezorozco

      Buenos días, el plan està hecho y hace unos meses comenzamos con reuniones de expertos en movilidad para comenzar a implantar algunas de las fases.

      No me gustaría que se interpretase como un plan electoral y la dificultad de su puesta en marcha ha hecho que lo paremos un par de meses. Pero mi compromiso sigue siendo ponerlo en marcha.

      Se trata de un plan muy ambicioso que apuesta por las personas y por su protagonismo absoluto en las calles de la ciudad.

      Gracias por interesarse en él. ¿Lo conoce o le interesarìa tener algo de información adicional?

joselopezorozco

Lugo, Spain

jlorozco.com/

friends
smiles
3 all-time

joselopezorozco’s Bio

Bienvenidos al canal de consultas ciudadanas de José López Orozco, Alcalde de Lugo.

Si su pregunta incluye datos personales y quiere que sea tratada con confidencialidad, puede enviarla al correo:

joselopezorozco@gmail.com

Who joselopezorozco responded to

  • JoseMontiron
  • AlbitaDiaz
  • albamar
  • lopeor23
  • IbanPC
  • Luisdocentro
  • pedroRiv
See all »