-
-
É moi grato erguerse unha mañá e ler isto. O blog é outro tipo de hábito de escritura, pero parécese moito máis a publicar que a escribir para unha mesma. Atopámonos con outra clase de compañeirxs en rede. E con eles seguimos a ser en boa medida o que escribimos. A nosa personalidade é sintáctica. E a dos nosos compañeiros tamén.
Parabéns polas zen mil formas. Benvida -
Para un xénero como a poesía, deixar de vivir blindada en libros que ninguén compra e poucos len é unha benzón
-
Publiquei libros baixo creative commons
-
Nunha pequena pero crecente parte, a literatura funciona na rede con regras de xogo diferentes. As licenzas Creative Commons son unha estratexia posible para xestionar esa abstracción denominada dereitos de autoría e de propiedade intelectual, dereitos que, mentres existan unha industria e un mercado culturais, resultan operativos aínda que non sempre claros. A rede, polo seu espírito viral de vasos comunicantes, medrou paralela á idea de que o vello copyright pertencía ao vello mundo esclerosado do mercado cultural. Certo, en parte.
Pola miña banda, como nena que terquea dentro da matrioshka adulta que son, algunha vez empeñei na infancia no de ser escritora. É dicir, non escribir e logo ter que gañarme a vida desempeñando outras actividades. Escribir e punto. Entendo que iso leva uns gramos de necedade: tampouco se pode escribir con perspectiva se un só se dedica a escribir. O funcionariado literario supoño que non é máis ca iso. Non teño reparo en pendurar obra miña na rede, e así o fixen e sigo facendo. Se iso entra en colisión con certos presupostos editoriais, ou entraba, non deixa de ser certo que as cousas mudan, lentamente pero mudan.
O libro resístese a perder aura e tamén me presta publicar libros en papel, sobre todo se existe algún tipo de complicidade ou afinidade co editor/a. Fetichismo do libro. Lado práctico: non todo o mundo ten acceso a internet polo de agora.
Que conste que nunca souben moi ben ata ónde chegaba exactamente o copyright. Coido que a cousa non é tanto o copyright -que tivo a súa razón de ser no seu momento, e aínda a segue a ter en moitos casos- senón os cambios de paradigma: a idea da intertextualidade e plaxios varios deixan de ter a consideración escandalosa dos tempos de Cervantes. No fondo serei unha moralista: creo na honestidade de quen escribe. Non creo no funcionariado literario. As licenzas son etiquetas para paradigmas que van cambiando co tempo. E os tempo do culto ao autor hipertrofiou por mor de moitas irregularidades e inxustizas. Non é lexítimo que un autor valla mási que a súa obra. Non é lexítimo que un autor se cotice antes de saber se o que escribe será significativo, relevante ou non. -
Grazas.
Si,a teima cosmonauta, tan da nosa era... Vexamos: son atea. Son escéptica. Non creo en deuses, en deseños intelixentes, en ovnis, en que sexamos a cúspide de creación ningunha, nin sequera que un cerebro intelixente sexa unha condición favorable en termos evolutivos -como di Steven Pinker-, non creo en igrexas... Sen embargo recoñezo algo: tiven unha formación ultracatólica, con monxas e curas, e o que recoñezo é como a carcasa ou o espectro de toda esa indixestión dogmática: o ceo é indisoluble do pensamento relixioso. Os antepasados miraron ao ceo, gravaron amósegas en ósos de xabarín ou cerva, amósegas dos ciclos lunares, perdéronlle medo ao mar e ao comercio seguindo a Polar, crearon lendas e mitos celestes e tiveron que durmir mirando ao ceo moitas noites, moitas, case todas. Recoñezo o mantra lírico dunha pregaria como o Pai noso, que pode ser noxento como representación do borreguismo eclesiástico, pero se o tomamos ailladamente baixo o cristal do microscopio se cadra chega a resultar conmovedor: revélanos a alguén educadamente desesperado que mira ao ceo e pide que o reino celeste chegue á terra, que pide un sinal, algo. E logo baixa a falar das cousas mundanas, da fame -el pan nuestro de cada día-, as débedas, o mal, o Mal, así en abstracto. Alguén que pide. Que lle pide ás pedras e gases e po do universo! É conmovedor tanto esforzo por intentar comprender algo e traelo ao noso carón, baixalo á nosa terra, o noso humus, a nosa turba. É conmovedor falar con algo que non existe. E digo conmovedor onde podería dicir absurdo, grillado ou friki.
Resulta ben doado caer rendido ante a astronomía, non ten "ciencia ningunha". A quen non lle presta todo iso! Se é infantil, primixenio. Tócanos un cerebro moi elemental, moi cavernario, un cerebro que aínda se alumea con fachos e anda repregado sobre si mesmo dentro do cranio, como unha caramuxa.
Retomando o tema-cactus da relixión: a poesía por suposto ten algo de oración, algo que nos chega taladrando un sonsonete dende o cerebro límbico cando a protección da ciencia déixanos o cerebro quente pero os pes fríos, como unha manta pequena de máis para tanta dúbida. E o digo -repito- dende un profundo laicismo, un ateísmo absoluto, dende a convicción de que a igrexa católica - e se cadra todas as demais- está condenada a desaparecer dado que xa non serve para explicar nin para mentir nin para roubar nin para violar. Pero queda a carcasa dese todo ese pensamento como unha pel de cebola, finiña finiña. A carcasa e o ceo, liberado agora xa de pais barbudos que están no ceo, de Ras, Vishnús e Zeuses. A infancia da humanidade -ou quizais non a infancia- é relixiosa. Por moito que agora sexamos un pouco máis listos e un pouco máis solitarios e lles pidamos aos Reis Magos telescopios moi potentes para ultrapasar as nosas luces urbanas, encendidas a perpetuidade polo medo que aínda temos.
En definitiva: viva Newton. Pero os anónimos e anónimas do "así en la tierra como en el cielo" tamén merecen un cacho da carne da nosa admiración. A frase ten algo limpo e humilde. Algo triste. Algo educadamente desesperado. -
Non, polo de agora non.
-
???
Só polo complicado que me resulta imaxinalo, pois si, a ver que. -
Non se trata dunha decisión. O que lembro é dicir que sería escritora, aos 7 ou 8 anos, porque pasaba o día debuxando comics en libretas e empezaba a querer escribir contos.
A poesía pareceume un coñazo ata moi avanzada a pubertade e xamais crin que fose escribir iso.
Eran novelas o que eu tiña en mente. -
Ese impulso sae da alfabetización universal e de vivirmos ben mantidos. Compartímolo moitos humanos, por non dicir todos, sempre que non desenvolvamos alerxia a expresarnos por escrito.
Poñéndonos escritores profesionais [certo que eu non o son, pero hoxe soñei con Muñoz Molina]: o impulso de escribir xéstase...mmm... no buraco negro da nebulosa condición humana. Hai quen o localiza no embigo. Ou nos abismos das fosas nasais.
Xa en serio: non o sei. A linguaxe supón un desafío porque é a materia prima diso que chamamos pensamento, mesmo do que chamamos mundo. Crer que a dominamos propícianos unha sede especial. A sede de máis.
No meu caso concreto tal impulso debe de estar composto por unha mestura de leite e mel de braña, así como de meigas e mexillóns, base do meu alimento. -
Nunca lo he leído
-
Por que me gusta? Sabe vostede cando quere moito a unha persoa durante moito tempo e, nunha especie de transferencia anímica, imprímelle os seus gustos a vostede?
Se cadra pasa o amor ou comollechamen, pero o gusto de tomar un café ben cargado [como facía el ou ela] non pasa. Poño por caso.
Comigo e os comics algo diso hai. -
Os clásicos de ciencia ficción [Moebius, Bilal e tal], os históricos, os de risa, os de Miguelanxo Prado [un xénero en si mesmo], os de Max [outro que tal], os de fantasía ou ciencia-ficción abstracta e algunhas novelas gráficas [Ghost World...]
Levei cousas de Guitián, Manel Cráneo, a historia dun bandoleiro de Ortigueira editada en Demo, Fiz [para nenos], cousas de Kalandraka... moita madeira para un bo lume! -
Bueno, si. Pero no por casualidade. Quería ir
-
Gasolina. Criptógamas. Páxinas de certos libros [biblioteca da vella facultade de filoloxía onde estudei, por exemplo]. Os pescozos de certa xente. Mel de braña. Pexego. Vernices en xeral.
-
Non sei... que lle desexo sorte?
Porque coñecer, eu só coñezo ao LECTOR [Mal-herido]
-
Estíbaliz...Espinosa’s Bio
criatura mecánica aborixe
neandertala
que se cre
sapiens

