-
-
Pregunta por gustar, gustar-follar...? En calquera caso: intelixencia e bondade, eso é o paquete básico.
-
Estaba yo viendo unas fotos de Devon Aoki...
-
Primeiro porque sei, despois porque me despexa e porque me sinto increíblemente ben na auga. Síntome moi cómoda na auga, na terra cóstame bastante sentir que me movo ben.
-
O típico cuestioniario co que se pretende descubrir a personalidade do preguntado. Hai moitas versións, con preguntas diferentes e ese tipo de cousas. É divertido pero hai cousas que da apuro contestar e serio, sen finxir ser outro e tal. Supoño que ninguén contesta con verdadeira sinceridade a algo que vai ser publicado ou visto.
-
Mad Men. Pero digoo sen perspectiva ningunha, estou completamente flipada cos dous últimos capítulos.
-
A última que me arrepetín de ver (e vina ENTEIRA) foi Battlestar Galactica. Sei que hai moito fan e defensor pero a min pareceume insufrible. Todo era cutre: a producción, os actores, o guión...
Mala tamén me pareceu moi mala Persons Unknow, pero non tanto como para arrepentirse de vela, pero jodeume o final da tempada. A min non me colan unha segunda tempada. Aguanteina porque pensei que non continuaría pero a min para a próxima non me pillan.
Outra moi mala que descubrín fai pouco é 'Make it or break it'. Só vou decir: ximnastas, a típica inadaptada, competición e drama adolescente. Ah, e mallas con moitos brillos. Unha loucura. -
Twitter mola. Poder decir algo nun minuto, en pouco espazo... é moi cómodo para pasarse enlaces, recomendar cancións e decir tal cousa mola. Tamén vai guai para os que, coma min, teñen problemas de expresión. Eu non sei desenvolver unha idea en 500 palabras, non o fago mellor con 140 caracteres pero non teño que pensalo. E ao mesmo tempo todo esto é o que tamén odio de Twitter. Ainda que hai xente que o fai superben, que é capaz de escribir frases brillantes, enxeniosas e bla bla bla... En xeral o que hai en Twitter é baleiro. Bueno, a min é o que me parece. Faime botar de menos os blogs, cando podías conectar coa xente, xa sabes, e decir eu penso igual, eu sinto o mesmo, aprendín tal, todas esas cousas. En Twitter eso véxoo moito máis difícil. Os blogs eran dende as tripas, eso seguro, Twitter é máis de superficie. Un pouco como o cine e a publicidade.
-
O que te vai converter nunha tipa interesantona é a opinión que teñas das cousas, de calquera cousa, outro tema é a cantas que persoas lle queiras resultar interesantona. Se é unha cuestión de proxeción habería que pensar en facer estudo de mercado. Se non, con cabeciña, actitude (non sei cal pero unha que sea túa) e saber comunicarse...
E digo eu, ti non estudiaches comunicación para saber estas cousas? -
Non o sei, se o soubese estaría gañando un pastizal anticipándome a todos. Só espero que se abandone dunha vez esta idea, algo tonta, de crear a mega-aplicación-social que as conteña a todas para que non saias dela; é moi aburrido ter un perfil en Facebook para que só sexa o eco do teu Twitter, blog, Tumblr, Youtube...
-
Porque é o sitio perfecto para que xente coma min coñeza mundo. Internet está na miña vida dende hai unha morea de anos, tantos coma catorce, e case seguro que todo sería doutra forma sen este medio. A xente que coñezo, no que traballo, as pelis que vexo, os libros que leo... Internet mola moito, ainda que comeza a ser unha fartura esto de ir de aplicación en aplicación.
-
Nunca o tentei (non o coñezo de nada) así que non se pode decir que quedase coas ganas pero Grial Parga paréceme un señor actractivo e interesante co que igual molaba foder. Pero vamos, que é unha cousa así coma lonxana e imposible, coma pensar en foder con Christina Hendricks. Arf arf de lonxe e nada máis.
-
Pois quitando as webs de contactos creo que o lugar de máis ligue de Internet foi (e?) o IRC, era o perfecto campo de batalla; era igual de fácil entrar a saco coma desplegar unha estratexia; había moitos usuarios e podías (tentar) achegarte a calquera.
-
Este ano vin: Big Love, Fringe, Dexter, Californication, Sons of Anarchy, House, Mad Men, How I Meet Your Mother, True Blood, The Wire, Flight of the Conchords, In Treatment, Nip / Tuck, The Big Bang Theory, V, The Ex List, Hung, United States of Tara, Crash, Gossip Girl, Skins, Life on Mars, Misfits, Psychoville, Secret Diary of a Call Girl, Dirty sexy money, The L World, The Tudors, Heroes, Battlestar Galactica...
Volvin ver: Northern Exposure, Will and Grace, Six Feet Under, Gilmore Girls, West Wing, Farscape, Alias, Everwood...
Abandonei: The Mentalist, Weeds, Lie to Me, FlashForward... -
Estaría ben que Carballo tivese algo que botar de menos, pero non, é un sitio bastante gris, non ten nada. E se algunha vez tivo algo tirárono para construir algo feo, como pasou co edificio do concello, coa igrexa e con calquera casa ou cousa vella.
-
Diaria, si. A min o que me gustaría controlar é eso de ducharse e non mollar o pelo, é unha cousa que son incapaz de facer; teño que meter a cabeza debaixo da auga sempre, doutra maneira non quedo a gusto
-
Non, aí non teño medo ningún pero recoñezo que a escuridade nun entorno que non controle, o medio do monte ou así, si que me pon nerviosa.
-
Non, algo así é imposible, son moi marmota e é bastante difícil que eu perda unha noite de sono. Podo quedar lendo ata moi tarde, eso si, pero quedar sen durmir é case imposible que se dea.
-
É que eso dos silencios prolongados, con perdón, sóame a cliché de comedia romántica. Porque nesas pelis, unha das probas de que o amor é verdadeiro é un deses silencios.
O silencio está ben cando leo, cando vexo unha peli por primeira vez (despois gústame moito comentalas), cando estou moi concentrada nalgo... vamos, o silencio está ben cando non podo atender unha conversa :)
