-
All responses Most smiled responses
-
asked by modes
Eu fun alcalde de Chuza! Isto non ten moito que ver, pero sempre aproveito para dicilo, á mínima. Sobre a Asociación Chuza: que mentres non me queiran vender libros electrónicos, todo ben. Non? Fixen conta na nova Chuza para que ninguén me roube o nome de usuario. :P
-
Quen carallo fai esta pregunta? E por que a min? E que carallo de pregunta é esta? Haberá a hostia de personaxes, ficticios e reais, que non teñan un puto formspring de merda. Non me interesa.
-
asked by hemato
Dos imposibles por falecemento gustaríame ter visto aos Cramps e a Jay Reatard. De bandas separadas, aos Diplomáticos de Monte-Alto con Xurxo Souto de cantante, e a The King Khan & BBQ Show. Agora non se me ocurren máis.
A miña maior conta pendente no directo téñoa con Siniestro Total: Unha das miñas bandas favoritas, e só estiven nun concerto deles, cando tiña... seis anos ou así. Agardo velos en directo próximamente, que sacan novo disco e ten pintaza. -
Onde están Amedo e Domínguez cando máis falta fan?
-
Ti saberás, que me levas aturando anos! Teño días, coido que se me da máis ou menos ben cociñar, conversar, pinchar música e dar o cante nun escenario; pero en xeral son bastante aburrido, marmota e repunantiño.
-
Non sei moito do tema, pero de entrada paréceme noxento, moi triste e inxustificado. Os sunormais que fan estas cousas non se decatan do mal que lle fan á súa propia causa. A defensa do país pasa antes de nada por convencer, por crear, por unir. Atemorizar, destruír e separar é o traballo dos represores, non dos libertadores.
-
Nos Megaloves xa somos dous a dar voces, así que convidaría a unha rapaza: Holly Golightly, "Nurse" Julie Hamper, Janet Klein, Jolie Holland, Fabienne DelSol... Sería moito facer o Wave a White Flag de Elvis Costello, ou o Jackson de John & June con calquera delas!
-
Nin sei quen é Xabier Díaz nin sei moi ben quen é vostede, así que mal vamos...
-
É certo que Ferrol está moi mal conservado, ten cero autoestima, unha atmosfera algo pechada e pouco atractivo turístico. E a desfeita da Praza de España é unha ferida aberta no corazón de todo ferrolán. E Reganosa vai facer saltar todo polo aire un día destes, despois de provocar (aínda máis) mutacións nos bebés da comarca. Pero eu véxolle encanto, se cadra porque fuxín hai anos, e nunca cheguei a vivir no centro. Igual porque son un enfermo, a min ponme contento ver as colosais grúas de Astano desde a Ponte das Pías. A ría de Ferrol é moi fermosa, paga a pena subir a Chamorro polas vistas. A comarca ten praias alucinantes, e non moi lonxe están Cedeira e Cariño e San Andrés de Teixido, que son unha pasada. Se cadra para desfrutar realmente de Ferrol hai que pensar coma un ferrolán, e coller o coche para todo, e ir pasear e tomar algo por Pontedeume, por poñer un exemplo.
-
O volume nove de Black Jack de Osamu Tezuka, acabo de rematalo e poñerme cun Spirou de Franquin. Pero se con libro queres dicir obra literaria, supoño que o único realmente bo que lin últimamente foron os poucos contos de Harlan Ellison que din atopado en castelán, en varias antoloxías. Alguén debería recuperar xa a obra deste titán da ficción especulativa, que inexplicablemente non está nin en castelán. E estamos a falar dun pequeno Borges da ciencia ficción, un nacho que axudou coma poucos a dignificar todo o xénero. Editores galegos, tomen nota. Sexan modernos en algo por unha puta vez.
-
1.- A miña avoa deixábame xogar a cociñar con ela, así que sempre lle vin o lado lúdico á cociña. Cando visitaba á miña madriña (a outra avoa) era na cociña do bar, onde ela estaba sacando fontes de pulpo e calamares non-stop, e sempre había cousa rica para os da casa. Desde moi novo coñecín o pracer de cociñar e comer.
2.- O meu avó fora un gran lector de tebeos de cativo, na posguerra, e sempre me falaba con moita ledicia de El Guerrero del Antifaz e El Capitán Trueno e Carpanta e o resto, mentres eu lle pedía que me lera os Mortadelo en voz alta. Na libraría que había a carón do bar dos meus padriños mercaba todos os Astérix que ían chegando, e a miña nai axudábame a lelos mentres comiamos lambetadas. Estaba tan flipado con Astérix que levaba os libros ao colexio, e os marcaba dunha trabada para que ninguén os roubara. Criáronme comiqueiro desde cativiño. Anos despois descubrín moitas porcalladas nos comics supercochos que o meu pai deixaba por aí, pero iso queda para outro día.
3.- O da música é outra historia, se cadra menos obvia, porque o que me marcou máis foi a súa ausencia. E para ben, eh. Nas casas dos meus avós non se escoitaba outra cousa que non fora a Cope, que é onde dan os enterros. E non levaban radio nos coches. Total, para a bosta que botaban. Pero un día que estaba facendo o parvo o meu pai díxome "bailas como un negro" e me sentou tan ben que aínda agora o lembro. Non sei por que, mira que daquela nin sabía que era James Brown. Cando vin para Compostela, os meus pais descubríronme a Siniestro Total e Os Resentidos e flipei moito con eles, e comecei a gravar cintas para levar no coche, coas miñas cancións favoritas escollidas de entre a discografía do meu pai. Eu manteño que os nenos non deberan mercar música, son estúpidos e non teñen criterio, e as corporacións sábenlles vender toda a merda do mundo e máis. O que si saben é recoñecer o mellor entre o bo, sen prexuízos nin pretensións, o infalible, os temazos universais. E eu, modestia aparte, era o que facía nas miñas cintas para o coche. Despois chegou o Xabarín e todo ese punk rock feito aquí, no país, apuntando cara os nosos pequenos cerebros. Como non me vai gustar a música, hostia. -
Vaites, mira quen está de volta! O noso amigo, o robot extraterrestre porno!
-
"Fotografías de machos" son as que colgan os mecánicos nos seus talleres e os camioneiros nas súas cabinas?
-
Polas tardes quedo cos colegas para comernos as pulgas os uns aos outros, en plan orangután.
-
Son un chaíñas. Calquera, macho ou fémina ou o que sexa, me pode gañar un pulso.
-
Por que dis "lugar" cando queres dicir "buraco"?
-
O porno lésbico abúrreme mogollón, para ser sincero.
-
Non. Ninguén se masturba tan ben coma un mesmo.
-


Loading...