-
-
Non me importaría pero non son parente de ningún dos chopomil 'toxos' que andan en internets.
-
Lévoas nun papel... ao váter. Todo moi hixiénico.
-
Eu ergo a voz a cristo, xa me teñen protestado.
-
A xanela do meu cuarto dá ao patio de luces e non se ve un carallo. Teño que ir á sala, que alí algo mola, canto máis terrible a tormenta máis mola (na casa, claro) que teño unhas vistazas (ou algo parecido, vexo todo o monte Gaiás e a Cidade da Cultura).
Vou corrixir: 'as xanelas' do meu cuarto dan ao patio de luces. O feito de ter 2 e ser maiormente infuncionais é bastante irónico. -
Si.
(No caso do que falas, e nesta pregunta, si; para o resto, o convencional) -
Si, oh. É o que saía en Toy Story. E en Toy Story 2.
-
Daría (se tivera capacidades para facer tal cousa). Existe unha posibilidade de que ademáis de aprender o idioma de boa maneira aprenda algo máis. O galeguismo non é máis que a conciencia dunha cultura galega, ao aprender unha lingua tamén aprender parte da súa cultura. Por aí van os tiros.
-
Porque tés doble personalidade pero as dúas actúan do mesmo xeito, o cal é moi irónico.
A pregunta deberías facerlla a bertez ou xabitubbi. E mandarlle aviso directo a eufalo.tv, que esta xente aprecia o feedback bastante. Pero vaia, cóloche o que dixeron no twitter: "Moitas grazas a todos pola estupenda acollida. Desculpade os erros que poida haber os primeiros días, e ficade atentos ás próximas novidades" -
Que va, molan todos (ou poden chegar a molar). Canto máis teñas asimilado o vocabulario de cada un máis os disfrutas.
A problemática é o xeito de achegarse aos xéneros. Non vou entrar en filmes concretos, que sería moi subxectivo, pero hai cousas que non hai por onde collelas. Nin aínda que chas vendan como "fusión". Un indicativo de se un filme ten éxito ou non pode ser o respeto ou falta del que amose cara o seu xénero (se o ten, claro). E todo isto dispensando que cada traballo aporta algo novo ao propio vocabulario do xénero, claro. -
Calquera dos xoguetes da infancia que me nego a tirar.
-
Porque son incapaz de seguilas, a pesar de que agora poderías velas "cando e como che saia das pelotas", nin iso me axuda. No momento de "poñerme" a ver unha serie, remolonearía tanto que ao final non a vería. E sabendo iso xa nin o intento, sonche así.
Tamén ten que ver con que odio deixar as cousas a medias, así que mellor un filme de 4 horas que unha serie en capítulos. -
Non desaparecerá.
As pandeiretas soan mal, non son un complemento de percusión moi loable, e cando hai varias xuntas non hai quen as aguante (e xa cando se xuntan a cantar... virghensanta... pero non lle ensinarán a esas rapazas a facer voces?).
Todo iso á parte de que os grupos de pandereteiras (porque hai moi poucos homes nelas) simbolizan dalgunha forma o machismo reinante na xeración dos pais que enviou ás súas nenas ao mundo tradicional (nenos = patucos azuis = gaita; nenas: patucos rosas = pandeiretas). Leilía e Anubía aportaron máis ben pouco (as súas mellores pezas son obra e gracia do grupo de acompañamento e que se dignan a facer algunhas voces).
Os mellores grupos de rapazas Ávalon e Faltriqueira. -
Ghrelo.
Téñoo clarísimo, os animais perciben poucos fonemas e a acústica de /jrelo/ é suficiente como para que a perciban perfectamente. Ademáis os grelos molan. Mil. -
Grupos folk pouco a pouco van pasando todos, non me sona ningún que debería estar por aquí e non estivera...
Do resto de grupos/bandas... non sei... os que son moi coñecidos non me interesan, non pagaría tanta pasta por velos (iso inclúe Arcade Fire), se veñen Sunset Rubdown, Bell Orchestre, Wolf Parade... iría, pero antes de nada hai que escoitar e disfrutar a escea musical que se fai aquí, aporta moito máis que os que veñen de fóra. -
Creo que cada un debería facer o seu propio filme, que é algo que cos medios de gravación e os softwares de montaxe non entendo por que non é xa un boom.
Aínda que pensando en por que non fago eu un... falta de actores, son... -
Co Entroido nada. Se preguntas polo feito de que non vaia con vós a Verín é porque non quero andar tan rodeado de peña. Ir de turista non mola.
-
Si, oh, eu teño o meu propio groupie particular que me avisa desas cousas, non me vai costar nada anuncialo polo blogomillo adiante.
Hai xa un par de anos que non veñen, xa lles vai tocando, que aquí sempre se lles tratou ben. -
Algo oín por aí, pero non te podes fiar moito. :P
